A Mellor Adega
de viños de España

La Mejor Bodega
de España

2018: 50 aniversario de Viña Costeira

Fundada en 1968 e situada en Ribadavia (Galicia), celebramos ao longo de 2018 o noso 50 aniversario, con accións especiais, promocións, eventos e numerosas actividades extraordinarias.

2018 é, definitivamente, o noso ano. Cúmprense xa 50 desde que un grupo de visionarios romperon as tendencias vinícolas da época e atrevéronse a recuperar e pór en valor as variedades de uva históricas de Galicia: Loureira, Godello, Albariño e Treixadura, entre outras.

Recoñecidos como a Mellor Adega de España

Coma complemento perfecto ás accións previstas para conmemorar o 50 aniversario en 2018, levamos un gratificante recoñecemento: os Premios Verema nombráronnos a Mellor Adega de España en 2017.

Este recoñecemento, ademais de ilusionarnos, motivounos para seguir medrando, para superarnos a nós mesmos coma referentes do equilibrio perfecto entre calidade e innovación. En definitiva, apuntala a nosa proxección futura asentada en potenciar a nosa propia esencia, orixe e identidade.

Redeseño en homenaxe aos socios viticultores

Todos e cada un dos 600 socios viticultores da Adega Viña Costeira son os principais artífices da nosa traxectoria e logros, sendo innegable o seu fundamental labor para que celebremos o 50 aniversario nun escenario óptimo cun prometedor futuro.

Por elo, redeseñamos a botella do viño branco máis vendido de Galicia, o Ribeiro Viña Costeira, como clara homenaxe a todos eles, transmitindo a esencia e valores do xa emblemático viño cunha nova imaxe máis visual, impactante e actual.

Referencia enoturística de Galicia

As 10.000 visitas que recibimos cada ano na Adega non fan máis que confirmar que o atractivo das instalacións e o contorno non pasa desapercibido, tanto por parte de turistas de procedencia nacional e internacional, coma de expertos, persoas interesadas no mundo do viño, familias, grupos de amigos, etc.

Viña Costeira Ribeiro

O seu aroma de intensidade media e a súa perfecta maridaxe con peixes e mariscos, converteron a este producto tan fresco e saboroso no viño branco máis vendido de Galicia. Aínda non o coñeces?

Pazo Ribeiro Blanco

O Pazo Ribeiro é o noso viño máis representativo. Moito agarimo e tradición para acadar ese sabor fresco e alegre… e agora cunha edición limitada en conmemoración do 50 aniversario. A súa etiqueta é, sinxelamente, irresistible.

Colección 68

Viño especial para padais especiais. Uvas Treixadura, Albariño e Godello conflúen nun resultado de gran froitosidade, con mazá, melón e notas de mel.

Calidade, innovación e tradición

Son as tres claves que nos fan confiar en nós mesmos e ser moi optimistas de cara ao noso futuro como Adega referente en Galicia.

Apaixónanos o que facemos. Polo noso extremadamente coidado proceso de selección de uva.

Ou polo incrible contorno no que estamos ubicados, cheo de riquezas de todo tipo. Ou porque quen vén a coñecernos, repite a experiencia.

Segue a actualidade e últimas novidades

da adega

Celebra con Viña Costeira a Noite das Perseidas o 9 de agosto

Cada agosto celébrase a Noite das Perseidas, tamén coñecida como Bágoas de San Lorenzo. As Perseidas son os restos deixados polo cometa 109P/Swift-Tuttle, provocando unha choiva de estrelas máxica. Para gozar desta noite inesquecible, en Viña Costeira celebramos a...

Momentos Extraordinarios Costeira

Sabemos que un bo producto Costeira é aínda mellor se o combinamos con outras experiencias enriquecedoras. Música, Gastronomía, Turismo, Termalismo… Estamos ubicados nun entorno privilexiado, tanto a nivel provincial coma autonómico, cun incrible potencial en tódolos sensos, e somos firmes defensores das sinerxias positivas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo