Todo sobre Viña Costeira:
adega de viños e licores de Galicia

Corría o ano 1968 cando un grupo de persoas visionarias e rebeldes se atreveu a pensar máis aló, dun xeito diferente ao habitual nas adegas de viño da época e tendo coma prioridade a recuperación das variedades de uva históricas de Galicia: Loureira, Godello, Albariño ou Treixadura, entre outras.

Así nacía Viña Costeira, actualmente referencia como adega de viño no panorama galego, cun crecemento continuo que o converteu nunha sólida marca asentada na súa tradición e innovación.

Paixón
polo
día a día

A paixón é o elemento común en absolutamente todo o que facemos. Desde a primeira ata a última persoa involucrada en todos os detalles dos procesos estamos absolutamente implicados, nun proxecto no que gozamos con total honestidade.

Por iso, melloramos cada día, aprendemos, coidamos dos nosos viñedos co maior agarimo e descubrimos en cada anada que a nosa paixón se ve recompensada con creces.

5 millóns
de botellas
vendidas
cada ano

Cumpridos xa 50 anos desde que en 1968 embotellábamos o primeiro viño Ribeiro do mundo, o Pazo Ribeiro, actualmente a nosa produción xenera o 45% da Denominación de Orixe Ribeiro, cun total de 5 millóns de botellas vendidas cada ano.

Crecemento
continuo e
proxección
futura

Lonxe de conformarnos, toda a nosa traxectoria danos ánimos para seguir investigando, xerando novos viños e adentrándonos en experiencias ata o de agora descoñecidas.

Froito desta innovación continua naceron viños e licores dunha incontestable calidade e un máis que merecido recoñecemento: Colección 68, Tostado Costeira, Lua Jazz Brut ou Viña Costeira Mencía son só unha pequena mostra da proxección actual e futura da adega.

Unha mostra máis da evolución e expansión da adega Viña Costeira é o viño de Valdeorras.

Fieis ao noso espírito innovador, apostamos tamén por cultivos nas terras altas de Valdeorras, no contorno do sinuoso río Bibei onde o factor climático crea unhas condicións especialmente favorables para a vide.

Viña Costeira
en Valdeorras

Toubes,
historia dun
Pazo

Outro dos proxectos nos que temos unha grande ilusión depositada é Pazo de Toubes, terra de viñedos centenarios situada nun lugar tan privilexiado coma especial.

Aí xorden viños de autor cunha elaboración completamente artesana e tradicional.

Cumprido o noso 50 aniversario e coa concesión do premio á Mellor Adega de España, non podemos máis que pór de manifesto o noso gran orgullo pola adega, as súas persoas e os seus productos.

Eles son froito dun grande esforzo por converter Viña Costeira nun claro referente coma adega de viño en España, destinada a seguir cruzando fronteiras e a expandir a marca e todos os seus valores inherentes moito máis aló do Ribeiro e do noso país.

Viña Costeira,
50 anos coma
referencia
Ribeiro

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo