Denominación de Orixe
Ribeiro

As ladeiras onde se cultivan as mellores uvas.

Os viños de Viña Costeira están enmarcados na D.O. máis antiga de Galicia e probablemente unha das máis antigas de Europa: a D.O. Ribeiro. A súa diversidade varietal é unha das riquezas que a historia outorgou ao Ribeiro. As distintas cepas constribúen a que a paisaxe da comarca non sexa un uniforme monocultivo, senón un tapiz sorprendente, cuxa riqueza aporta ao viño incribles combinacións de matices e aromas.

Treixadura, Torrontés, Loureira, Lado, Albariño e Godello son as grandes variedades de uva autóctona que interveñen na elaboración dos brancos, e delas toman a súa frescura, o seu corpo e os seus aromas. Caiño, Brancellao, Sousón, Ferrón e Mencía son as protagonistas dos tintos, saborosos e de crecente calidade.

Os nosos viñedos están repartidos por toda a comarca do Ribeiro, nun val formado polos ríos Miño e os seus afluentes Avia e Arnoia, unha situación privilexiada que favorece o cultivo das viñas, ao contar cunhas condicións climatolóxicas ideais.

O chan, de orixe granítico e orientación sur, está disposto en “costeiras”, o nome que históricamente se daba ás mellores ladeiras expostas ao sol, onde se cultivan as mellores uvas. Ademais, trátase dun territorio onde os manantiais termais supoñen un gran diferencial, convertendo á zona nun dos destinos de turismo termal máis importante a nivel europeo.

Proceso de elaboración da DO Ribeiro

A Colleita

 

As distintas subzonas da D.O. Ribeiro son vendimadas por separado, debido ao seu potencial enolóxico e de maduración. Búscase o equilibrio entre grao e frescor, para elaborar viños dun perfil varietal que reflexen as características singulares da comarca.

1

A Selección

 

Na recepción de uva lévase a cabo un rigoroso proceso de selección, para elaborar de modo independente os distintos lotes destinados para cada tipo de viño.

2

A Fermentación

 

Nas adegas Ribeiro acádase o mosto en prensas neumáticas pechadas e fermentan as distintas variedades e orixes por separado, deixando as misturas para o inverno, no momento do embalaxe.

3

A Maduración

 

Os viños recén fermentados pasan por un breve período de crianza sobre lías, para aumentar a súa complexidade e potencial de garda. Posteriormente, ensámblanse os distintos lotes e pasan por frío para rematar a súa afinación e preparación para o embotellado.

4

La Cosecha

 

Las distintas subzonas de la D.O. Ribeiro son vendimiadas por separado, debido a su potencial enológico y de maduración. Se busca el equilibrio entre grado y frescor, para elaborar vinos de un perfil varietal que reflejen las características singulares de la comarca.

1

La Selección

 

En la recepción de uva se lleva a cabo un riguroso proceso de selección, para elaborar de modo independiente los distintos lotes destinados para cada tipo de vino.

2

La Fermentación

 

En las bodegas Ribeiro se obtienen el mosto en prensas neumáticas cerradas y se fermentan las distintas variedades y orígenes por separado, dejando las mezclas para el invierno, en el momento del ensamblaje.

3

La Maduración

 

Los vinos recién fermentados pasan por un breve periodo de crianza sobre lías, para aumentar su complejidad y potencial de guarda. Posteriormente, se ensamblan los distintos lotes y se pasan por frío para terminar de afinarlos y prepararlos para el embotellado.

4

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo