Licor Lua Jamaica Blue Mountain de Viña Costeira

27€

 

Cun incomparable aroma de café natural, moi intenso, profundo e envolvente, o Licor Lua Jamaica Blue Mountain é pleno de sabor, fragrante, cálido e sedoso. Presenta unha extraordinaria persistencia dos seus sabores no postgusto, e é resultado da harmonía perfecta entre dous productos de altísima calidade: o Augardente de Galicia e o Café de Xamaica.

 

  • UvaTreixadura na súa maior parte, con bagazo procedente de variedades autóctonas.
  • Temperatura de servizo: 6ºC
SKU: ES12 Category:

Descrición

Elaboración

Maceración en frío do café Jamaica Blue Mountain, de variedade arábica, cultivado no macizo montañoso ao este da illa de Xamaica. É considerado un dos mellores cafés do mundo, sendo especialmente seleccionado e importado para elaborar este licor.

Maridaxe do licor de café Lua Jamaica Blue Mountain

O licor de café Lua Jamaica Blue Mountain de Viña Costeira é o acompañante perfecto para sobremesa seca, biscoitos, bica, galletas de nata e pastas de manteiga.

Ficheiros adxuntos:

Descarga ficha técnica

Descarga imaxe Lua Jamaica Blue Mountain

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo
Preview
Close