Achégase o final do ano e en Viña Costeira podemos dicir moi ledos que celebramos o noso 50 aniversario… por todo o alto! Por eso, cremos que merece a pena facer un repaso por estes 365 días cheos de novidades, ilusión e recoñecementos. Repasémolo xuntos!

Seleccionados como a Mellor Adega de España en 2017

En xaneiro nomináronnos aos Premios Verema na categoría de Mellor Adega de España. Un mes despois, facíamonos oficialmente con este galardón. O ano non podía comezar mellor! O xurado puxo en valor a proxección futura da nosa adega, que ao mesmo tempo non perdeu de vista “a súa esencia, orixes e identidade”. Gracias a todos por facelo posible!

De ruta en ruta, e con premios baixo o brazo

Ao longo do ano, celebramos varias actividades vinculadas á hostalería, especialmente en Galicia. Entre elas, aI Ruta Momentos Extraordinarios”, na que participaron máis de 150 establecementos hostaleiros de Galicia entre abril e xullo.

Nunha liña similar, desde outubro está activa esta gran iniciativa, na que gozar dun Viña Costeira Ribeiro e Mencía te pode facer gañar grandes premios. Tes ata marzo de 2019 para participar!. Por certo, imaxinamos que xa coñeceremos a nova imaxe do viño branco máis vendido de Galicia, pero eiquí tes tódolos detalles.

Un gran evento para celebrar as nosas vodas de ouro

E chegou o día D. Xa en xuño, celebramos os 50 anos da adega incriblemente ben acompañados, nun día inesquecible para toda a familia Costeira. O acto arrancou coa inauguración de tres estatuas no mirador de San Cibrao para homenaxear o incalculable esforzo de tantos e tantos viticultores. Unha gran comida na Carballeira de Santa Cruz con moitísimas sorpresas e a estrea dun documental cos mellores momentos deste medio século foron as guindas do día do 50 aniversario de Costeira. Espectacular é pouco!

Estreamos web e outras novidades que deixou o verán

Xa en xullo, celebramos a chegada do verán redeseñando a nosa web: máis visual, máis funcionalidades para o usuario e, sobre todo, unha tenda online moi mellorada, á vosa enteira disposición. Ademais, tamén están incluidos os viños de Pazo de Toubes, dispoñibles online. Eiquí os tes!

Como non podía ser doutro xeito, organizamos a segunda edición dunha das citas máis agardadas do verán por parte dos máximos fans de Costeira: a “Noite das Perseidas”Música, gastronomía, viño e unha visualización guiada de estrelas foron protagonistas dunha noite máxica que quedará nas nosas retinas, tal que así.

Ciclos de concertos

Como non, a música en directo acompañounos ao longo do ano. Con artistas de altísima calidade, o ciclo de primavera e o ciclo de outono percorreron os locais de máis encanto do norte do país en concertos con degustación de viños Costeira. Moitísimas grazas a todos!

Presentación do novo viño de Pazo de Toubes: Vía XVIII

Levábamos moito tempo querendo presentaros a unha das nosas novas xoias: o viño tinto garnacha cepas vellas Vía XVIII. A súa acollida foi impresionante e non é para menos: impactante imaxe, incrible sabor, perfecto por certo para abundantes comidas navideñas. Llevábamos mucho tiempo queriendo presentaros a una de nuestras nuevas joyitas: Próbao eiquí!

Múltiples premios en 2018

2018 tamén foi un año cheo de premios e recoñecementos para os nosos viños. Os Decanter World Wine Awards (DWWA), a competición de viño máis influínte e máis grande do sector, deunos tres premios: Colección 68 (Prata), Viña Costeira Mencía (Prata) y Modus Vivendi (Bronce). Outro certame internacional, o International Wine Challenge (IWC), puxo en valor a excelencia do Viña Costeira Ribeiro (Prata) e Viña Costeira Mencía (Prata). Ademais, no mes de xullo asistimos ao Día do Cooperativismo Galego 2018, onde recibimos o Premio á Mellor Traxectoria.

Máis recentemente, o Colección 68, recibiu unha medalla de ouro por parte do xurado do Berliner Wein Trophy 2018 e a IWC (International Wine Challenge) otorgou outros recoñecementos: dúas medallas de bronce (para Viña Costeira 2017 e Colección 68 Treixadura Barrica 2016) e unha de prata (para Modus Vivendi 2017).

Para redondear o incrible ano 2018, este mismo mes de decembro, a nova guía de viños de Luis Paadín, otorgounos tres ouros e unha prata. Nesta ocasión, os ouros foron para Codos de Larouco (Mencía e Godello) e Viña Costeira Mencía. Teixadal de Casaio, pola súa parte, alzouse coa medalla de prata.

Como podedes comprobar, non paramos de recibir boas novas que nos converteron non só na Mellor Adega de España, senón na máis leda e satisfeita de comprobar como, 50 anos despois, aquel soño de 1968 converteuse nunha realidade sólida, fiel á súa esencia e cunha gran perspectiva de futuro.

2019, agardámoste ansiosos e desexosos de seguir gozando destes e tantos outros #MomentosExtraordinariosCosteira que pasarán á historia da adega. Séguenos para estar ao tanto de música, eventos e moitas outras sorpresas que veñen!

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo