A I Ruta Momentos Extraordinarios amplíase a máis zonas de Galicia. Con ela, gozar dunha copa de Colección 68 ten premio: unha fin de semana nun balneario e a visita á Mellor Adega de España: Viña Costeira.

A I Ruta Momentos Extraordinarios segue medrando, e chega a novas zonas: Monforte, Ribadavia, A Estrada, Noia e Melide. Coas novas zonas adheridas, máis de 400 establecementos participarán na actividade, cunha gran acollida.

Participar na acción é moi doado: os establecementos entregarán un cartón a todas aquelas persoas que soliciten unha copa de Colección 68. Xuntando 10 selos nun mínimo de 3 establecementos adheridos, os participantes recibirán unha botella de Colección 68 de regalo, canxeable en calquera establecemento da ruta.

Viño e termalismo, unidos por Colección 68

Ademais, todas aquelas persoas que entreguen o seu cartón cuberto, participarán no sorteo dunha fin de semana no espectacular Balneario de Laias, onde poderán gozar da paz e tranquilidade que ofrece o recinto e o seu contorno. Durante a fin de semana, coñecerán as instalacións da Adega Viña Costeira, recentemente recoñecida como a Mellor Adega de España nos Premios Verema.

Monforte, Ribadavia, A Estrada, Noia e Melide, novidades

Como novidade na actividade, Monforte, Ribadavia, A Estrada e Noia uníronse á iniciativa, con máis de 80 establecementos adheridos en total. Nestas localidades, a I Ruta Momentos Extraordinarios estará en vigor ata o 10 de xuño. Pola súa banda, 17 establecementos de Melide participarán na acción ata o 17 de xuño. Consulta eiquí o listado completo de participantes e anímate a visitalos!: Monforte, Ribadavia, A Estrada, Noia, Melide.

Cun 85% de uva Treixadura, un 10% Albariño e un 5% Godello, Colección 68 é un viño perfecto para gozar con todo tipo de pescados e mariscos, amosando incluso unha boa maridaxe con carnes brancas. Por iso, coa Ruta Momentos Extraordinarios poderás combinalo coa diversa oferta gastronómica dos centros hosteleiros participantes.

Lembra, a acción durará ata o 10 de xuño en Monforte, Ribadavia, A Estrada e Noia e ata o 17 de xuño en Melide. Ata entón, xunta os teus 10 selos, desfruta deste viño tan especial coa mellor compaña e a polos premios!

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo