Será os días 19 e 20 de abril na adega, en horario de 16 a 18h, con prazas limitadas

As festividades de Semana Santa son perfectas para viaxar, relaxarse, coñecer novos destinos cheos de encanto e, por suposto, gozar en familia de momentos compartidos, cheos de aventuras para os máis cativos.

Por elo, os días 19 e 20 de abril celebraremos na adega unha actividade moi especial, enfocada a entreter e divertir, pero tamén cun componente didáctico sobre o mundo do viño e os seus misteriores, para aprender xogando.

Os participantes, que se poden apuntar aquí, terán que superar por equipos un xogo con probas nas que deberán usar todo o seu enxeño, imaxinación e colaboración cos compañeiros, ata chegar ao final do reto, onde agardan os mellores premios como recompensa.

Haberá cofres, gritos de guerra, vídeos, adiviñanzas e moitas outras sorpresas, que ademais servirán para coñecer de preto o mundo do viño, a súa elaboración, aromas, denominacións, etc.

Actividade para toda a familia, prazas limitadas!

As prazas son limitadas, así que se che interesa participar nesta actividade tan especial, fai a túa reserva canto antes, prometemos moita diversión no camiño que vos levará cara os detalles máis curiosos da adega e do Ribeiro. A entrada de adulto é de 15 euros, e a de menores de idade a partir de 6 anos, de 12 euros.

Agardámoste no mellor plan que atoparás para esta Semana Santa: enoturismo, natureza e momentos extraordinarios en familia. Atrévete a superalo reto!

paisaje ribeiro

 

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo