A versión de barrica do noso viño estrela de Treixadura gañou unha gran acollida entre o público.

Colección 68 Barrica, un dos nosos viños máis ilustres e máis en forma dos últimos tempos, volveu a amosar o seu gran momento ó esgotar recentemente as existencias para as próximas semanas.

Un éxito que ven a confirmar o auxe da “madeira” nos viños brancos, e que demostra a cada vez maior aceptación e demanda entre o público. 

Colección 68 Barrica é un viño que realiza a súa fermentación e crianza sobre lías durante 4 meses, en barrica bordelesa de carballo francés e húngaro, e cunha fase posterior de maduración en depósito.

A súa potente boca permite romper co estereotipo de que os viños brancos só son aptos para pescados ou mariscos, ampliando o espectro gastronómico a todo tipo de carnes que nos permiten gozar do seu persistente e estruturado sabor.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo