O Liceo de Ourense acolleu a presentación de COSTEIRA SONORA, unha iniciativa coa que Viña Costeira quere consolidar a súa aposta pola cultura, amplificando os “Momentos Extraordinarios Costeira” iniciados no 50 aniversario da adega. A marca abre así un camiño cara a maridaxe sonora, entre viños e música, que arrancará no Pazo de Toubes a última fin de semana de setembro, coincidindo previsiblemente cos últimos días da vendima na D.O. Ribeiro.

Andrés Rodríguez, conselleiro delgado de Viña Costeira, e Adrián Fragueiro, responsable de produción de Doppler Gestión Cultural, foron os encargados de expor aos medios a proposta, que busca “conxugar os praceres de escoitar boa música, degustar un bo viño e ofrecer novas experiencias que impliquen a tódolos sentidos”, segundo apunta Andrés Rodríguez, referíndose ás oportunidades que brinda o privilexiado emprazamento do pazo co que Viña Costeira conta entre os ríos Miño e Arnoia, e que servirá de marco para o evento. “É un lugar idóneo para que quenes veñan coñezan e recoñezan o que é o Ribeiro”. 

As máis de oito hectáreas de viñedos que rodean o Pazo de Toubes, recentemente inaugurado trala súa rehabilitación, arroparán esta aventura enomusical, na que a adega seguirá a traballar ata o último día, coa intención de “que a música e o viño se potencien mutuamente”. O evento estase ideando como unha “colaboración interdisciplinar, implicando a músicos e sumilleres a través dun proceso de maduración que concluirá asociando un viño a cada artista”. 

“Buscamos ese diálogo entre música e viño, buscamos entre o noso catálogo os caldos que mellor poidan acompañar a cada concerto, e buscamos que esa combinación sexa estimulante por igual para viñófilos e melómanos. O noso obxectivo é que tanto os amantes do viño coma os amantes da música se acheguen a Costeira Sonora, vivan unha experiencia nova, diferente e inesquecible”. 

Programación do Costeira Sonora                                                                                       

Co cartel prácticamente pechado, a organización de Costeira Sonora anuncia que cinco destacados nomes do indie peninsular están xa confirmados.

Nos tres espazos que se habilitarán no Pazo de Toubes para acollelos concertos, sonarán as propostas do inclasificable e enigmático Ángel Stanich, de El Meister, o que é a voz e cara visible de Arizona Baby e Corizonas na súa aventura persoal, a verbena das revolucionarias Las Chillers, a revelación do soulnacional María Yfeu, e o sinfín de texturas envolventes da portuguesa Surma.

En total, a xornada aglutinará máis de dez horas de experiencias coa música no centro.

ÁNGEL STANICH | Os últimos cinco anos na vida de Ángel Stanich foron máxicos e frenéticos e avalan o vigor da súa proposta musical. Pasou por incontables concertos e festivais, sorprendendo ao seu paso con esa incrible personalidade salpicada de imaxes cinéfilas, mañas surrealistas e ironía. Stanich vence e convence desde a marxinalidade e o enigmático do seu destino, e ninguén debería deixar escapar a ocasión de descubrir a cercanía do seu directo.

EL MEISTER | A aventura persoal de Javier Vielba, voz e cara visible de Arizona Baby e Corizonas, dúas das bandas con máis presenza no rock español dos últimos anos, é un fenómeno inclasificable. É folk disidente. É electrónica disconforme. É indie distinto. É, nada máis e nada menos que El Meister, cuxa música, á que el etiqueta coma “música cósmica americana”, é decididamente entusiasta e resulta extranamente hipnótica e adictiva. 

LAS CHILLERS | Las Chillers son un grupo de amigas que o pasan pipa sobre o escenario e contaxian a súa diversión a calquera. Desde fai cinco anos rompen esquemas na industria musical. Agotan entradas, reventan festivais e poñen ao público en pe -ou directamente do revés-. Arransan alá por onde pasan, reinventando a verbena do século XXI con himnos que insuflan ledicia a calquera.

MARÍA YFEU | Con solo vinteún anos esta andaluza compón, crea, toca e canta, bebendo de referentes que van desde Billie Holiday e Amy Winehouse, ata Aute e Cayetano Veloso, pasando por artistas actuais como Lianne Le Havas ou Sunset Rollercoaster. María Yfeu desborda un talento precoz invadido pola música, e antes de que o seu primeiro disco vexa a luz -previsto para outono-, os adelantos que xa a sitúan coma revelación do soul nacional para crítica e público.

SURMA | Equipada cunha voz envolvente e cálida, e a súa incuestionable talento coma multiinstrumentista, Surma condensa guitarras, teclados, sintetizadores e loops para somerxer no seu mundo a quen escoita. Combina influencias da música ambiental, do post-rock ou o jazz para articular un resultado que ven colleitando boas críticas nos medios internacionais, e que sonou xa en clubes míticos e festivais de medio mundo.

Entradas e transporte                                                                           

As entradas para asistir a Costeira Sonora poden adquirise en Ataquilla.com, a un precio promocional de lanzamento de 25 euros para as 50 primeiras. As seguintes pasarán a ter un coste de 30 euros. 

A organización advirte que, debido á limitada capacidade das vías de acceso ao Pazo de Toubes e para evitar incidentes, o acceso en coche ao pazo o día do evento estará restrinxido á organización. É por iso que se habilitará un servizo de lanzadeiras gratuítas desde o contorno para quenes teñan a súa entrada para acudir ao evento. 

Ademais, Viña Costeira aposta por facilitar os desprazamentos seguros e ofrece conexión directa con Ourense, para poder prescindir de vehículo privado. Por só 5 euros máis, cunha entrada ao evento pódese reservar transporte de ida e volta desde a capital ata a porta misma de Pazo de Toubes.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo