Viña Costeira

Tras case un mes de Vendima, Viña Costeira comeza a retomar o pulso á actividade normal da adega. Este 2017 a colleita foi histórica por moitos factores; primeiro pola súa extensa duración debida aos imprevistos meteorolóxicos previos á colleita; segundo pola extraordinaria calidade e maduración da uva, debida sobre todo ás altas temperaturas rexistradas e escaseza de choiva, e terceiro porque verá a luz no 50 aniversario da adega en 2018.

Cuns 20 días de adianto con respecto ao ano anterior, comezaba o pasado mes de agosto a vendima en Viña Costeira. As adversidades meteorolóxicas e a seca, propiciaron unha reestruturación do proceso de recollida, dividíndoo en tres fases para poder dar cobertura a colléitaa en función dos distintos graos de maduración que se ían rexistrando nas subzonas do Ribeiro.

A pesar destas complicacións, a calidade da Vendima 2017 foi excelente. Os mostos entraron sans e equilibrados en adega, fermentando actualmente a un ritmo adecuado e convenientemente monitorado polo departamento de Enoloxía. A evolución dos novos viños verá a luz na primavera de 2018, sendo unha anada histórica ao coincidir co 50 aniversario da adega.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo