Comeza a recollida

Despois dun primeiro fin de semana de “días cero” coa choiva aínda latente, esta semana comeza a recollida e descarga de uva por parte da maioría dos socios da cooperativa.

A inestabilidade do tempo nos últimos días provocou que ata o último momento non se decidise a data óptima de recollida para achegar o máis posible o día de colleita ao momento perfecto para as distintas variedades de uva.

Tanto no Ribeiro como en Valdeorras, os motores xa están en marcha para este período de vendima, conxugando o labor artesán de recollida de uva e o mimo no coidado da viña cos procesos de control de calidade máis estrictos.

Durante os próximos días a adega será unha trasfega de socios e traballadores cun único obxectivo común: recoller a uva no momento óptimo de maduración, para elaborar viños acordes á calidade que se espera dos productos de Viña Costeira.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo