recuperación dunha receita histórica

Cunha coidada selección da uva comeza o proceso de elaboración do Tostado de Costeira, un tostado que mantén unha tradición milenaria que o converte nun viño doce histórico, para o que é necesaria unha man de obra artesanal que garante o seu carácter natural.

A recuperación dunha receita histórica permitiu que a finais do 2005 empezase a comercialización do Tostado de Costeira, sendo necesarias para a súa elaboración unhas condicións climatolóxicas específicas, condicións que non se dan en todas as anadas, para recoller posteriormente os mellores acios de cada cepa en caixas especiais que favorecen a súa conservación.

A uva Treixadura debe soportar unha “pasificación” (deshidratación da uva) durante un mínimo de 3 meses , para que a auga se evapore a través da pel, en penumbra e sen modificar externamente as condicións de temperatura e humidade. Este complexo método respecta a tradición na elaboración dun viño que goza de amplo recoñecemento e prestixio internacional.

Unha xoia artesá que xa está dispoñible de novo na nosa tenda online.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo