Despois dun período coas existencias esgotadas, dispoñemos de novo desta xoia dos viños doces.

O máximo coidado na selección da uva e o mantemento dunha tradición milenaria son as dúas grandes bazas do Tostado de Costeira, un viño doce histórico para o que se require unha cuantiosa mao de obra que garante o seu
marcado carácter natural.

O Tostado de Costeira cumpre case once anos dende que comezara a comercializarse a finais do 2005, recuperando unha receita histórica para a que é necesaria que se dean unhas condicións climatolóxicas ideais.

Ademais, debido ao seu complexo proceso cen por cen natural, só se empregan os mellores acios de cada cepa, recollidos en caixas especiais que favorecen a súa conservación e garanten a exclusividade dun viño que goza de amplo recoñecemento e prestixio internacional.

A uva Treixadura do Tostado de Costeira debe soportar unha deshidratación (tecnicamente coñecida como “pasificación”) durante un mínimo de 3 meses para que o auga se evapore a través da pel, en penumbra e sen modificar externamente as condicións de temperatura e/ou humidade.

Trátase en definitiva dun método que respecta a tradición da elaboración dun viño único e que conta cun amplo recoñecemento internacional. Unha xoia da enoloxía quepodes adquirir xa mesmo a través da nosa tenda online.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo