Os días 19 e 20 de abril vivimos na adega unha actividade moi especial, enfocada a entreter e gozar, pero tamén cun compoñente didáctico sobre o mundo do viño e os seus misterios, para aprender xogando.

Os participantes superaron por equipos un xogo con probas nas que usaron o inxeño, imaxinación e colaboración cos seus compañeiros ata chegar ao fin do reto, onde coñeceron os seus correspondentes premios. Entre vídeos, adiviñanzas e outras sorpresas que incluíron unha cata, os participantes coñeceron moi de preto o mundo do viño Costeira, a súa elaboración, aromas, denominacións, etc.

Como vedes nas imaxes, pasámolo incriblemente ben! Moitísimas grazas a todos pola vosa participación, lembrade seguirnos nas nosas reddes sociais para próximos eventos. Ata a próxima cita!

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo