Con motivo da conmemoración do día do Pai, Viña Costeira celebrou unha merecida homenaxe cos seus “pais”: os socios fundadores do proxecto adegueiro que levan medio século vinculados á Adega.

No acto estiveron presentes algúns dos socios máis antigos que forman parte da Adega dende os primeiros anos da súa creación. Durante a homenaxe, recibiron como agasallo, de mans do presidente da Adega, Andrés Rodríguez, o xornal local do ano 1968 no que se mencionaba o proxecto de construción da Adega.

O propio Andrés Rodríguez adicaba unhas verbas aos homenaxeados: “O recoñecemento ás persoas que formaron e seguen formando parte deste proxecto é moi importante para nós. Nacemos cun proxecto colectivo e estamos moi satisfeitos de ser capaces de converternos nun referente e incluso de ser recoñecidos como a mellor Adega de España, durante este ano por parte dos nosos consumidores e visitantes. Esto debémosllo sobre todo aos nosos fundadores e queremos recoñecelo e que sexan partícipes. Que mellor que facelo con motivo do día do Pai”.

A adega Viña Costeira cumpre en 2018 medio século de actividade, creada co esforzo e a capacidade de colaboración dos pequenos viticultores do Ribeiro, poñendo en valor o bo facer vinícola da zona. Grazas ás aportacións de cada un dos socios que integran a adega, obtéñense como resultado viños de excelente calidade

Grazas á súa oferta enoturística, hoxe en día Adegas Viña Costeira recibe máis de 10.000 visitas ao ano e a súa proxección non deixa de medrar, dando a coñecer a zona vinícula do Ribeiro ás beiras do río Miño e o río Avia. Deste xeito, promociónase un contorno de grande valor paisaxístico e enolóxico, contribuíndo a posicionar Galicia como destino turístico e xerando un gran valor económico na zona.

Viña Costeira, con adegas propias na D.O. Ribeiro e a D.O. Valdeorras, reafirma a súa imaxe como grupo adegueiro galego, apostando pola introdución dos seus viños a nivel nacional e internacional e posicionándose coma un referente de viño galego de calidade.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo