Que sería de Galicia sen o noso clima? Non adoitamos recoñecelo públicamente, pero a realidade é que nos encanta a choiva, a néboa, o frío… e por suposto todo o que conlevan as condicións meteorolóxicas adversas no noso carácter. Xa están aquí os meses máis duros: eses nos que o corpo pídenos pratos de culler, guisos, cociña tradicional e, por suposto, un delicioso viño tinto de acompañante.

Pois ben, vimos de elaborar unha selección dalgún dos nosos mellores viños tintos para que gocedes do encanto destes meses, ben sexa nos vosos fogares, de tapas con amigos, ou nunha cea romántica. Aquí tes a súa esencia, características e maridaxe ideal para cada un deles. Ti escolles!

Viño Codos de Larouco Mencía – Esencia Toubes con guisos e carnes de caza

Cunha harmonía de froitas maduras, especias e fondo de toques de menta, este viño tinto mencía presenta sensacións propias do seu paso por barrica e maceración tradicional e coidadosa. Cunha temperatura de servizo ideal entre 19 e 21 graos, é moi boa compaña de pratos tradicionais, guisos, carnes de caza, embutidos curados, cabrito asado ou chuletón de boi. Ademais, se ides celebrar o típico cocido en familiar destas datas, é un viño perfecto para a ocasión.

Aquí podes facelo teu pedido dunha ou catro botellas, dun viño que foi recentemente recoñecido cun ouro na guía de viños Luis Paadín 2019.

Viño Vía XVIII – O último en chegar, cunha incrible acollida

O do novo viño tinto garnacha de cepas vellas, Vía XVIII foi chegar e bicalo santo. A súa impactante e atractiva imaxe está á altura dun sabor que está a conquistar a todo aquel que o proba. De entrada doada e apetecible, o seu postgusto intenso e longo abre camiño a sensacións de elaboración tradicional.

100% uva garnacha tintureira cepas vellas, a súa temperatura ideal de servizo é de 16 a 19 graos. As maridaxes perfectas para este viño da gama Pazo de Toubes son patés, carnes de ave recheas, legumes estofados, cocidos ou carnes en xeral con guarnicións de fungos. Ideal para dixerir pavo ou cordeiro, tamén típicos dos meses de inverno. Déixate conquistar polo novo viño Costeira.

Viño Mencía Viña Costeira – O mellor acompañante para un pulpo á feira

Ao longo do pasado ano 2018, este viño foi premiado ata en tres ocasións: ouro na guía de viños Luis Paadín, e pratas nos Decanter World Wine Awards e no International Wine Challenge. Non hai mellor carta de presentación que esta, para un viño elegante e complexo en nariz, con notas de baias vermellas de bosque e arándanos maduros. En boca é ben estruturado, con sensacións minerais que evocan as paisaxes valdeorresas.

Se ademais gustas do pulpo á feira, esta selección é perfecta. Entremeses de queixos, patés, guisos, ou carnes vermellas á prancha ou brasa son tamén outros das súas maridaxes ideais. Recomendamos servilo a unha temperatura de entre 18 e 20 graos. Pídeo online!

vino mencia

Viño Pazo Ribeiro tinto – Un clásico, con nova imaxe

Por último, recomendámosvos un clásico: o viño tinto Pazo Ribeiro, que recentemente estreou nova imaxe (aquí podes vela). Vermello picota de intensidade media, ten un aroma complexo de froita madura, especiado e con lixeiras notas herbáceas. É equilibrado, alegre e con bo paso en boca, cunha temperatura ideal de servizo de 16 graos. Se che apetece nestes meses de frío, este viño combina moi ben con pratos típicos do interior de Galicia, carnes vermellas ou cocido, así como peixes azuis.

Ata aquí a nosa selección dos mellores viños tintos para estas semanas de frío e choiva que xa nos acompañan e previsiblemente se quedarán durante un tempo. Xa sabes, se o inverno se che fai longo, homenaxéate con algunha destas recomendacións, coas súas correspondentes maridaxes ideais. A gozar!

pazo

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo