É ben sabido que o clima condiciónanos en gran medida nas nosas accións cotiás, e no que aos nosos hábitos co viño respecta, non ía ser menos. A primavera fíxose de rogar en Galicia, pero asemella que por fin está aquí, e chegou para ficar. Con ela, os nosos padais están desexosos de sabores afroitados, aromas frescos e temperaturas de servizo máis ben frías para combater a calor na medida do posible

Para facilitarche a labor á hora de escoller entre todos os nosos produtos, elaboramos unha pequena selección cos 4 viños que máis se poden gozar nesta época primaveral. Cada un ten a súa esencia e características propias que os converten en produtos únicos de grandísima calidade, así que escolle o que máis che apeteza e a desfrutalos!

 

Viña Costeira Ribeiro – redeseño á súa altura

Cun aroma de intensidade media alta, moi fino e elegante, o viño branco máis vendido de Galicia presenta notas de froita de óso, tropical e herba fresca. En boca é moi saboroso, encaixando á perfección con pescados, mariscos e queixos.

As distintas variedades de uva (Treixadura, Albariño e Godello, entre outras), apórtanlle equilibrio e harmonía nos seus matices.

Ademais, recentemente redeseñamos a súa botella, cun resultado moi visual e impactante. Fai aquí o teu encargo.

 

Colección 68 – protagonista da Ruta Momentos Extraordinarios

Mazá, melón, froitos de óso e notas de mel sobresaen na súa gran froitosidade, para darlle un resultado en boca saboroso, complexo e elegante

Ideal para peixes, mariscos e incluso carnes brancas, é o protagonista da I Ruta Momentos Extraordinarios, na que participan máis de 150 establecementos hosteleiros de Galicia e coa que podes gañar unha fin de semana nun balneario. Próbao aquí.

Pazo Ribeiro Branco – O viño máis tradicional, agora con etiqueta conmemorativa

Ideal tanto para peixes como para aperitivos, moi habituais nesta época, o Pazo Ribeiro Branco ten un aroma de intensidade media, con froitas brancas, herba doce e herba fresca. Con uva Palomino e Torrontés, o viño máis tradicional da adega é perfecto para combater a calor que se aveciña. Descobre o deseño conmemorativo da súa etiqueta aquí.

Modus Vivendi – vive intensamente

Este viño da adega Pazo de Toubes ten un aroma tremendamente expresivo, froitos de óso e notas críticas, é moi saboroso e envolvente, cun postgusto fresco e longo.

Harmoniza fenomenal con todo tipo de mariscos, peixes, arroces e carnes brancas… e a súa propia etiqueta recomenda vivir intensamente, sen medo a ser un mesmo. Atréveste?

Agora é a túa quenda. En soidade ou coa mellor compaña, ao aire libre ou baixo teito, acompañándoo coa gastronomía que máis te apeteza… Con calquera destas tres eleccións, esta primavera acertarás na túa decisión de converter calquer momento en extraordinario cos mellores viños brancos de Viña Costeira.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo