Benvido verán! Aínda que oficialmente non o fará ata o vindeiro 21 de xuño, o clima dos últimos días permítenos afirmar que o verán de 2019 xa está aquí, polo menos en canto ao que a sensación térmica se refire. Por elo, e despois das recopilacións que tanto nos agradecestes de primavera e inverno, é a quenda de polo doado cando teñades que escoller nos próximos tres meses algún acompañante fresquiño para as vosas comidas, vermús ou aperitivos. Aquí están os cinco mellores viños Viña Costeira para este verán:

Modus Vivendi Ribeiro: tres de tres en medallas nos últimos certames

“Perfumado, con aromas cítricos e maduros. Elegante, moi dado de beber”. Non o decimos nós, senón o xurado do International Wine Challenge, que outorgou a Modus Vivendi Ribeiro de Pazo de Toubes un bronce nos seus premios 2019. Foi a primeira medalla das tres sumadas nas últimas semanas: Prata en Decanter e Prata tamén no Concours Mondial de Bruxelles. Pouco más que engadir a un viño branco perfecto este verán para todo tipo de peixes, mariscos e carnes brancas.

Tamborá Godello: o último branco en chegar, con moitísima forza

Cando facíamos público a mediados de abril o lanzamento do Tamborá Godello, o noso último viño branco en saír á luz xa recibira un recoñecemento que o situaba no máis alto, nacendo case cun premio baixo o brazo: o Bacchus de Ouro. Recentemente, Decanter tamén lle concedeu medalla, un bronce que fai que en menos de dous meses de vida xa estea ocupando titulares no sector.

Por elo, non nos sorprende a acollida obtida entre o público este viño godello equilibrado, amplo e moi saboroso, cun final fresco e persistente que marida á perfección con mariscos, peixes ou arroces. Servido a 9º, este verán promete darche moitas alegrías. Pídeo aquí para sorprender na túa próxima quedada!

Teixadal de Casaio: outro godello, de Pazo de Toubes

Continuando con godellos, é a quenda de Teixadal de Casaio, da gama Pazo de Toubes. Se o voso é xuntaros para tapear, ben sexa con afumados de peixe, canapés, queixos de untar ou unhas gambas á prancha, este é o viño branco ideal para terracera nas próximas semanas. Xa queres probalo Teixadal de Casaio, verdade?

Colección 68: un dos nosos viños máis recoñecidos internacionalmente

O viño branco Colección 68 Treixadura é outra das nosas recomendacións: cun aroma intenso, grande froitosidade e moi saboroso en boca, é un elegante viño treixadura, albariño e godello. Servido idealmente a 8ºC, marida moi ben con todo tipo de peixes e mariscos, ademais de carnes brancas.

A acollida deste viño branco a nivel internacional está fora de dúbida cos últimos premios recibidos: Ouro no Concours Mondial Bruxelles e Bronce en Decanter.

O viño branco máis vendido de Galicia, sempre actual: Viña Costeira Ribeiro

Pechamos a selección cun clásico que segue conquistando á nosa terra: Viña Costeira Ribeiro é o viño branco máis vendido de Galicia, pode que polo seu equilibrio e harmonía de matices, ou polo seu excelente encaixe con peixes, mariscos e quesos. Fai apenas un ano do seu redeseño, e os seus rombos e as súas cores xa se convertiron visualmente nun dos referentes da adega.

Ademais, segue obtendo premios onde se presenta: Prata no International Wine Challenge e Bronce en Decanter.

Ata aquí a nosa selección dos cinco mellores viños Viña Costeira para este verán, que agardamos gocedes ao máximo. Quedamos á espera de que nos contedes as vosas impresións sobre esta selección!

verano

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo