se esgotaron as entradas desde hai días

Noite e música, estrelas e viñedos, pode haber algo máis extraordinario?. Viña Costeira estrea a noite do 18 de Agosto o calendario de propostas de eventos nos viñedos da Cooperativa coa observación nocturna das perseidas.

Nesta xornada, cun aforamento limitado para o que se esgotaron as entradas desde hai días, visitaremos desde as 21:30 nosa adega de noite, contando cunha cata de viños e compartindo unha experiencia gastronómica e musical diferente, rematando cunha observación tutorizada por expertos astrónomos da noite das perseidas, gozando dunha estampa nocturna inigualable desde o noso marabilloso viñedo de San Cibrao.

Con este evento dáse o pistoletazo de saída dunha serie de acontecementos que irán sucedéndose nos diferentes puntos naturais de interese dos que dispón a nosa adega.

 

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo