Que continúe a racha! 2018 senta de marabilla á Adega Viña Costeira e aos nosos produtos. Xa son públicos os premios Decanter e os premios IWC e ámbolos dous recoñeceron os nosos viños.

Os Decanter World Wine Awards (DWWA), a competición de viño máis influínte e máis grande do sector, recoñeceu catro dos nosos produtos. Xulgados por expertos en viño procedentes de todo o mundo, o certame conta cun gran prestixio internacional e un riguroso procedemento.

Porén, estamos moi satisfeitos de confirmarvos os premiados: Colección 68 (Prata), Viña Costeira Mencía (Prata) e Modus Vivendi (Bronce). Grandes recoñecementos que non fan máis ca amosar unha vez máis a gran calidade e acollida dos produtos da adega de Ribadavia.

Viña Costeira Mencía e Viña Costeira Ribeiro, máis premios no IWC

Ademais dos premios Decanter, outro certame internacional premiounos recentemente. Trátase do International Wine Challenge (IWC), que na súa 34 edición e despois dunha cata cega cun mínimo de 10 xuíces diferentes decidiron recoñecer dous dos nosos produtos: Viña Costeira Ribeiro (Prata) y Viña Costeira Mencía (Prata).

Evento de presentación á hostalería na Casa de Galicia de Madrid

Ademais dos premios aos nosos produtos, estes foron protagonistas tamén nun acto celebrado na Casa de Galicia de Madrid, delegación da Xunta de Galicia da capital. Alí presentáronse as últimas novidades ao sector da hostalería, que comprobou in situ os novos deseños e deu a coñecer as accións que rodean neste 2018 ao 50 aniversario de Viña Costeira.

O acto, en formato showroom con catro mesas atendidas por persoal da adega explicando viños e licores, foi acompañado de música en directo por parte do dúo de jazz Damy Soul e dun catering de acompañamento para a degustación de produtos

Por parte de Viña Costeira, asistiron Andrés Rodríguez, Conselleiro Delegado e Presidente; Elena Hermoso, Delegada Comercial en Madrid; Manuel Sánchez, Enólogo; e Inmaculada Bernal, Directora Comercia

Cos últimos recoñecementos e actos de difusión da adega, sumados ás accións do 50 aniversario, os viños e licores de Viña Costeira continúan dándose a coñecer máis alá de Galicia, obtendo unha grande acollida a tódolos niveis por parte de público, hostalería, xuíces e expertos do mundo do viño.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo