actualizando a imaxe o seu viño con máis historia: o Pazo Ribeiro

Novos tempos, novos retos, pero sempre a mesma esencia de respecto ás orixes. Con esta premisa indeleble no noso ADN, Viña Costeira dá un paso cara ao cambio actualizando a imaxe o seu viño con máis historia: o Pazo Ribeiro.

Con case 50 anos ás súas costas, Pazo Ribeiro afronta unha renovación acorde a súa excelente calidade, para adaptar a súa imaxe ás novas esixencias do mercado, e establecer un punto de partida cara a un futuro no que, sen dúbida, seguirá sendo un dos referentes máis icónicos dentro da D.O., defendendo con orgullo o seu título de primeiro Ribeiro embotellado.

Viño de referencia en Galicia, apadriñado polo mismísimo Álvaro Cunqueiro e con presenza ao longo e ancho de toda España, este viño equilibrado e saboroso segue levando o nome do Ribeiro e Viña Costeira alá onde vai, exemplificando o terroir característico dos catro vales de graníticos chans da nosa rexión.

Un cambio de aspecto conservando a esencia, para que Pazo Ribeiro, connosco desde 1968, siga acompañándonos na nosa mesa outros 50 anos máis.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo