30º edición do certame internacional Tastersguild

A 30º edición do certame internacional Tastersguild, celebrada novamente en Michigan (USA) do 3 ao 6 de Maio, trouxo boas novas para Viña Costeira, obtendo dúas medallas para os seus viños.

Este certame internacional, de ampla traxectoria, reúne en territorio estadounidense a máis de 1400 referencias de viños, de máis de 8 países, constituíndose nun dos eventos máis representativos de todo o continente americano. O seu xurado, composto por expertos consumidores, distribuidores, enólogos e xornalistas, conforma un dos paneis máis prestixiosos do calendario mundial de concursos de viños.

Nesta ocasión, Viña Costeira foi premiada por partida dobre. O Viña Costeira Ribeiro conseguía unha medalla de prata, afianzándose como un blend destacado dentro do panorama internacional. Por outra banda, o Mencía de Valdeorras obtiña un merecido bronce, que lle permite seguir dando pasos solventes no seu camiño para converterse nun referente dentro do mundo dos tintos galegos. 

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo