Se viaxar e relaxarse é un pracer, coa chegada do outono visitar Ribadavia e o seu contorno é un auténtico privilexio. Clima suave, paisaxes multicor entre os que perderse e por suposto, moita auga. A do río Miño nun dos seus tramos máis espectaculares, e a do balneario de Laias para somerxerse na relaxación máis absoluta.

Tentador? Con Viña Costeira é doado… tes ata 12 oportunidades!

Cómo participar na Ruta Momentos Extraordinarios

Ata o 31 de marzo, pedindo un Viña Costeira Ribeiro ou un Viña Costeira Mencía nos establecementos galegos participantes na iniciativa terás moitas posibilidades de levar un premio. Con cada consumición obterás un rasca, que contén regalos directos (arrefriador de botella, mochilas, sacacortizas, pulseiras, visitas á Adega…). Se a túa tarxeta non resulta premiada, non te preocupes! Podes acceder ao QR da tarxeta e participar no sorteo de 12 fins de semana de balneario, con visita incluída á Mellor Adega de España en 2017, Viña Costeira.

Balneario de Laias, unha marabilla para os sentidos

Cada mes, mentres o concurso estea vixente, sortearanse dúas fins de semana para gozar do Balneario de Laias (unha noite para dúas persoas), que ofrece múltiples servizos da maior calidade para que a estancia sexa perfecta.

O balneario conta coa tecnoloxía máis moderna e persoal especializado, con modernas técnicas como bañeiras aromáticas, cabinas húmidas e secas, piscinas de contraste, duchas aromáticas, cadeiras de brazos térmicas, etc.

Coñece os viñedos e as variedades de uva de Viña Costeira

Ademais, o premio incluirá a visita ás instalacións da Mellor Adega de España en 2018, Viña Costeira. Alí, poderás coñecer de preto os viñedos e as variedades de uva que conforman a personalidade do Ribeiro, así coma os procesos de elaboración dos nosos viños e licores, finalizando cunha degustación de viños.

Se tes dúbidas sobre como gozar ao máximo do Viña Costeira Ribeiro ou do Viña Costeira Mencía, dámosche unhas pistas que te virán moi ben para a túa próxima visita. Ademais, tamén podes mercalas online:

Viño Viña Costeira Ribeiro

Se buscas un aroma de intensidade media alta, saboroso e fresco, este é o teu viño! Ideal para acompañar peixes, mariscos ou queixos tradicionais.

Viño Viña Costeira Mencía

Elegante e complexo, o Mencía de Costeira evoca as paisaxes de Valdeorras co seu postgusto longo e profundo de froitas vermellas. Guisos, carnes vermellas ou un saboroso polbo á feira son unha deliciosa combinación.

Xa sabes, entre outubro e marzo, gozando de Viña Costeira terás moitas opcións de levar algún premio, moitísimas grazas pola vosa participación e moita sorte!

caja regalos Costeira

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo