Fingerlakes International Wine Competition 2017

O pasado mes de Marzo pechábanse as inscricións para unha nova edición do Fingerlakes International Wine Competition 2017 (FLIWC), un certame  solidario situado entre os mellores segundo o ránking da Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores (WAWWJ).

A WAWWJ engloba na actualidade a máis de 13.500 escritores, xornalistas e especialistas do sector, pertencentes a 80 países e que representan a 2600 medios de prensa mundiais e 930 publicacións ou medios (Escritos, TV, Radios) e máis de 10000 páxinas da internet especializadas en viños en todo o mundo.

Mediante a celebración do FLIWC, esta asociación de profesionais do mundo do viño colabora cunha entidade sen ánimo de lucro á que van destinados os beneficios deste evento: o Camp Good Days. Dita organización foi fundada en 1979, e converteuse nunha das máis importantes de Estados Unidos na loita polo benestar dos nenos con cancro e das súas familias.

Neste contexto solidario, a nosa adega acudía co Colección 68 Treixadura 2015 e co Modus Vivendi 2015 como abanderado do proxecto de Pazo de Toubes, e o resultado non puido ser máis satisfactorio dada a importancia do certame e a categoría dos membros da WAWWJ.

O Colección 68 Treixadura 2015 conseguiu unha medalla de ouro, demostrando que os viños monovarietales teñen un atractivo importante para o público americano, sempre pendente da evolución dos viños españois. Por outra banda, o Modus Vivendi 2015 de Pazo de Toubes iniciaba a súa andaina no FLIWC cunha medalla de prata que serve como punto de partida á súa traxectoria de premios internacionais.

Dous novos recoñecementos para os diferentes proxectos da nosa adega, que confirman a boa acollida que teñen os produtos de Viña Costeira no exterior e que reforzan o noso posicionamento no mercado internacional.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo