Os enólogos da adega, Manu Sánchez e Manuel Castro, destacaron o viño como “un novo concepto de Mencía, que conta co aporte e complexidade das uvas Sousón e Garnacha de cepas vellas”.

Este pasado luns presentamos o novo viño Mencía da adega, elaborado na Denominación de Orixe Valdeorras. O evento, que tivo lugar en no hotel Attica21 de A Coruña, reuniu a un bo número de profesionais da restauración e do sector do viño, que puideron apreciar as características deste “novo concepto de Mencía”, como así o definiron os propios enólogos da adega.

Manu Sánchez foi o responsable de Viña Costeira Mencía, que contou tamén co respaldo de Manuel Castro, enólogo da adega en Ribadavia. Ambos traballaron xuntos neste proxecto para lograr o que eles definen como “un viño maduro e que ao mesmo tempo resulta fácil de beber. É suave, froital e cun elegante toque especiado. Ideal para tomar por copa e harmonizar con carnes.”

Unhas notas de cata que sen dúbida corresponden á exixente selección dos viñedos, especificamente escollidos nas zonas altas de Valdeorras para ofrecer unha calidade de uva extraordinaria e uns matices que reflicten as nobres características da rexión.

Baixo estas premisas, Viña Costeira propúxose elaborar ese novo concepto de Mencía, que intenta ir más alá da “fórmula tradicional” para aportar ademais un plus de complexidade grazas á uva Sousón e a la Garnacha de cepas vellas.

A adega, fundada en 1968 en Ribadavia (Ourense), sae por primeira vez da D.O. Ribeiro para iniciar un plan de crecemento que ten en Viña Costeira Mencía a súa primeira etapa. Un espírito innovador e entusiasta por afrontar novos retos, que amosa nun viño con vocación de memorable.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo