Un ano máis, o stand de Viña Costeira recibiu numerosísimas visitas e potenciais clientes, que amosaron unha enorme acollida ao porftolio da adega ourensana.

A feira ProWein, celebrada en Düsseldorf e destinada a visitantes especializados dos sectores de comercio ao por menor, comercio exterior, gastronomía e hostalería, contou un ano máis coa participación de Viña Costeira.

Nunha edición que contou coa representación de 141 países, facemos balance da experiencia coa nosa Export Director, Cornelia Proca, que detalla atractivas claves sobre actualidade, retos futuros e tódalas novidades que rodean a Viña Costeira. Vexámolas!

Cales son os obxectivos de estar presentes na Feira ProWein? Cumplíronse?

Un dos obxectivos principais era dar a coñecer os nosos viños para poder ampliar a rede de distribución no estranxeiro, así coma explicar as características das uvas das nosas Denominacións de Orixe (Ribeiro e Valdeorras), ademais dos elementos que fan aos nosos viños especiais e únicos en canto á súa elaboración.

Tendo en conta a aceptación por parte dos potenciais clientes, cremos que si cumprimos con este obxectivo.

Cal é o valor diferencial de Viña Costeira que se pretende trasladar aos visitantes e contactos que se establecen?

O factor diferencial máis importante é a nosa traxectoria: 50 anos de elaboración de viños apórtannos unha reputación e potencial que xenera moito interese por parte de clientes estranxeiros.

Outro punto forte é a diversidade do noso portfolio, xa que ofrecemos viños dos monovarietais máis emblemáticos (coma Treixadura e Godello D.O. Ribeiro, e monovarietais de Godello e Mencía D.O. Valdeorras); así coma coupages especiais con uvas coma Treixadura, Loureiro, Albariño y Godello, que obtiveron unha grande acollida na feira.

Neste sentido, que clima de aceptación sentistes con respecto á Adega e os seus produtos?

A verdade é que os asistentes mostraron bastante interese en probar os nosos viños, posiblemente por mor de dous motivos principais: o primeiro, a curiosidade de probar viños que levan na súa maioría Treixadura, porque non hai outra rexión que faga este tipo de blend. O segundo, para ver como se amosan variedades locais como Albariño e Loureira e en que se diferencian doutras rexións como Rías Baixas.

Tamén os viños galegos se están poñendo de moda, xa que os brancos están creando unha categoría nova de Blancos Atlánticos cuxo nome suxire frescura, mineralidade, acidez e moitas veces incluso salinidade.

Entre o completo portfolio de Viña Costeira, destacou a acollida/valoración dalgún produto en particular?

Si, os máis populares foron Viña Costeira Ribeiro, Modus Vivendi Ribeiro, Colección 68, Toubes e Codos de Larouco Godello. Tamén despertaron interese dúas novas incorporacións que pronto verán a luz a consumidor final. Estade atentos a próximas novidades!

Pensando xa no día de mañá, cales son as expectativas de comercio exterior de Viña Costeira a corto e medio prazo?

Agardamos aumentar a corto prazo a nosa rede de distribución internacional, así coma no medio prazo xerar unha carteira de clientes que permita o noso desenvolvemento e expansión internacional.

Por último, con que sabor de boca veñen da feira?

Encantounos, coma tódolos anos, pero fíxosenos corta polas múltiples reunións en tres días moi intensos. O mellor de todo é que sentimos que se quedáramos máis días, estaríamos igual de ocupados, así que, boísima señal!

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo