Agardámoste en IFEMA de Madrid entre o 8 e o 11 de abril

A 33 edición do Salón Gourmets, o maior evento de Europa adicado a produtos delicatessen acollerá en IFEMA – Feira de Madrid a fabricantes, produtores e elaboradores do sector da alimentación e bebidas de calidade de tódolos rincóns do continente.

E como non, a adega Viña Costeira estará presente, cun posto situado no Pavillón 6 (Stand 6B-19), unha ocasión extraordinaria para que veñas a vernos, nos seguintes horarios: de 10 a 19h do 8 ao 10 de abril, e de 10 a 17h o xoves, 11 de abril.

O evento contará ademais con concursos, degustacións, presentacións, showcookings e conferencias, nun completo programa que supón un escaparate único para a hostalería, restauración, distribución agroalimentaria, catering e comercio especializado. Consulta aquí toda a información do Salón Gourmets, agardamos a túa visita!

visítanos en Gourmets

 

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo