Queridos compañeiros, desta vez quedamos sen palabras. Xa se coñecen os gañadores dos Premios Verema 2017 e… gañamos o Premio á Mellor Adega do Ano!

Tal e como anunciamos no seu día, os Premios Verema incluíronnos como nominados nesta categoría xunto a outras 11 adegas. Pois ben, superado o prazo de votación no que se bateron récords históricos de participación con 11.300 votacións, acadamos o primeiro posto, tan desexado.

Polo tanto, non nos queda máis que agradecer enormemente a todos aqueles que invertistes uns intres en votarnos, nunha categoría na que fomos os únicos representantes de Galicia. Segundo os resultados publicados, acompañáronnos no podio da categoría Viñedos Balmoral e Vintae, parabéns para eles e para o resto dos premiados!

Acto de entrega en Valencia

A entrega de Premios da presente edición terá lugar o xoves 15 de febreiro a partir das 19h no “Hotel Balneario las Arenas”, en Valencia, onde, como non, asistiremos para recoller o galardón e participar na celebración, na que haberá catas e outras experiencias arredor do viño. Manterémosvos informados nas nosas canles sociais!

Proxección futura sen perder a nosa esencia

Para a selección de nominados, Verema.com tivo en conta as notas de cata e comentarios publicados durante 2017, ademáis da nosa traxectoria e situación actual. O propio equipo de redacción do concurso destaca na súa web a “proxección futura de Viña Costeira sen perder de vista a súa esencia, orixes e identidade”.

Infinitas grazas a todos e a todas!

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo