Venres 24 e sábado 25 de febreiro

O venres 24 e sábado 25 de febreiro iníciase o calendario Verema 2017 coa XVI Experiencia Verema Valencia, que ademais é a de máis traxectoria histórica de todas as que compoñen o calendario nacional destes exitosos eventos. O Hotel Balneario Las Arenas GL será o lugar que acolla ao gran número de profesionais do sector e amantes do viño que visitan cada edición os eventos Verema.

Na xornada do venres 24 darase comezo ao Espai Verema 2017, no que desde as 11 da mañá diferentes catas complementarán un showroom no que estará presente Viña Costeira como expositor, e ao que se prevee unha ampla afluencia de público.

O sábado 25 continuarán as catas, como preludio ao prato forte do día: a entrega dos premios Verema 2016, que empezará ás 18:00 horas e nos que a nosa adega estará presente como premiada ao ser nomeada unha das 3 mellores adegas de España en 2016.

Un fin de semana diferente no que poderedes gozar do mundo do viño en todo o seu esplendor, e para o que poderedes acreditarvos na seguinte ligazón.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo