Ampliarse o horario de visitas

Coa chegada do bo tempo comeza a ampliarse o horario de visitas a Viña Costeira para ofrecer un mellor servizo aos amantes do viño e poder gozar das marabillosas vistas desde os nosos viñedos, así como da cata dos nosos produtos máis destacados.

Por iso, o fin de semana do 11 e 12 de Marzo, a nosa adega estará aberta ao público na xornada do sábado e do domingo. Os horarios de apertura serán:

Sábado 11 de Marzo: De 11:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:30 

Domingo 12 de Marzo: De 11:00 a 13:00 

Esta acción enmárcase dentro das actividades de promoción e desenvolvemento da nosa área de enoturismo, co obxectivo de dar un maior servizo aos visitantes e contribuír á difusión e coñecemento dos nosos produtos.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo