A iniciativa, promovida por Agaca e a Obra Social “la Caixa”, fomenta a integración da muller no entorno das cooperativas agroalimentarias galegas.

Esta mañá celebrouse na adega Viña Costeira unha xornada en pos da integración e a participación máis activa da muller nas cooperativas agroalimentarias de Galicia.

A xornada foi organizada por Agaca (Asociación Galega de Cooperativas Agrolimentarias) e a Obra Social “la Caixa”, dentro das instalacións da adega de Ribadavia, que serviu para acoller o encontro.

Os temas tratados foron a mellora da competitividade empresarial, a diversidade, o relevo xeracional e a optimización do talento. Se ben o papel relevante da muller en este entorno é unha realidade (o 49% das
persoas socias de cooperativas agroalimentarias son mulleres), sí é necesaria unha maior implantación do xénero feminino nos consellos reitores e presidencias das mesmas.

Unha máxima defendida polo presidente de Viña Costeira Andrés Rodríguez Gómez, encargado de inaugurar e clausurar o acto, así como polo presidente de Agaca José Severino Montes Pérez, a responsable de negocio
agrario de Caixabank Laura Telma Tasende e a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo