primeira Experiencia Verema

A derradeira parada do calendario de Eventos Verema 2016 tiña lugar este luns en Vigo, coa celebración da primeira Experiencia Verema na cidade olívica, contando para iso cun espazo excepcional no Auditorio do Pazo de Congresos Mar de Vigo.

Nesta ocasión, Viña Costeira foi unha das adegas protagonistas ao contar con presenza no showroom do evento, e cun espazo reservado para realizar unha cata comentada dos viños das súas dúas Denominacións de Orixe: Valdeorras e Ribeiro.

A cata foi dirixida polo enólogo da adega en Ribadavia, Manu Castro, e polo enólogo da adega en Valdeorras, Manuel Sánchez, sendo presentados pola Directora Comercial da cooperativa Inma Bernal e contando coa asistencia de numerosos profesionais do sector vitivinícola, así como xornalistas e distribuidores especializados.

No tempo que durou a exposición, os nosos enólogos detallaron as notas de cata dos viños Viña Costeira Ribeiro 2015, Colección 68 Treixadura 2015, Colección 68 Treixadura de Barrica 2015, Viña Costeira Mencía 2015 e o espumoso Lúa Jazz Brut 2014, finalizando o evento cun agradable coloquio e intercambio de impresións entre os asistentes.

Sen dúbida foi un gran colofón ao calendario de eventos Verema 2016, que xa pecha a súa lista de citas para este ano, pero que empeza a quentar motores para a futura edición de 2017, na que a nosa adega volverá ser parte activa na súa programación.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo