O novo viño Mencía da adega chegaba ao Centro Cultural Marcos Valcárcel para presentar os seus credenciais ante a hostelería da cidade.

Coa “xira de presentacións” chegando ao seu fin, Viña Costeira Mencía aterrizaba por fin en Ourense para continuar dándose a coñecer entre o sector hoteleiro da rexión.

Foi nun evento que tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, e onde puxéronse en valor moitas das ideas e atributos que conforman este “novo concepto de Mencía”.

Os enólogos da adega, Manu Sánchez e Manuel Castro, recalcaron “o aporte e complexidade das uvas Sousón e Garnacha de cepas vellas”, que o converten a todas luces nun viño polivalente e apto para todo tipo de
situacións.

Unhas notas de cata que sen dúbida corresponden á exixente selección dos viñedos, especificamente escollidos nas zonas altas de Valdeorras co obxectivo de alcanzar unha calidade de uva extraordinaria e
uns matices que reflicten as nobres características da rexión.

Nesta primeira experiencia nunha nova Denominación de Orixe, a adega fundada en 1968 en Ribadavia (Ourense) pon de releve o seu espírito innovador e entusiasta por afrontar novos retos, que vense identificados
nun viño con vocación de memorable.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo