O presidente de Viña Costeira, Andrés Rodríguez Gómez, acudiu a este evento que serviu para presentar o novo viño á hostelería das Rías Baixas.

Continuando coa xira de presentacións de Viña Costeira Mencía, onte tocáballe o turno á hostelería de Vigo e comarca. O evento, que tivo lugar no Pazo de San Roque da cidade olívica, reuniu a un bo número de
profesionais da restauración e amantes do viño, que puideron comprobar de preto as  deste “novo concepto de Mencía”.

Á presentación acudiu tamén o presidente de Viña Costeira, Andrés Rodríguez Gómez, que destacou “a etapa renovadora” na que está inmersa a adega. Pola súa parte, o noso equipo de enólogos, formado por Manuel Sánchez e Manuel Castro, compartiron cos asistentes as súas valoracións sobre o viño.

Baixo estas premisas, Viña Costeira propúxose elaborar ese novo concepto de Mencía, que intenta ir más alá da “fórmula tradicional” para aportar ademais un plus de complexidade grazas á uva Sousón e a la Garnacha de cepas vellas.

A adega, fundada en 1968 en Ribadavia (Ourense), sae por primeira vez da D.O. Ribeiro para iniciar un plan de crecemento que ten en Viña Costeira Mencía a súa primeira etapa. Un espírito innovador e entusiasta por afrontar novos retos, que amosa nun viño con vocación de memorable.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo