O noso mencía acadou o “Acio de Bronce” dentro da D.O. Valdeorras.

A Consellería de Medio Rural entregou o luns 18 de Xullo os premios da XXVIII Cata dos viños de Galicia, celebrada en Ourense e coa participación de 201 viños das 5 Denominacións de Orixe.

Dentro dos premios por Denominación de Orixe, Viña Costeira recibía o “Acio de bronce” da D.O. Valdeorras para o seu novo mencía, sendo sen dúbida un premio ao traballo e esforzo da nosa adega no desenvolvemento deste novo tinto.

mencía de Viña Costeira é un tinto polivalente, axeitado para “chatear”,  que coa súa coidada elaboración en viñas situadas nas  ladeiras do Sil e do Bibei acada unha elegancia e complexidade que evocan as paisaxes nobres de Valdeorras.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo