Castrelo de Miño acollerá de novo a IV edición do Ribeiro Blues Wine Festival

O parque náutico de Castrelo de Miño acollerá de novo a IV edición do Ribeiro Blues Wine Festival, dando acomodo os días 11 e 12 de Agosto a 24 adegas e colleiteiros, entre as que estará Viña Costeira, e que participarán cos seus viños neste evento que transita con paso firme polo calendario de eventos veraniegos da nosa provincia.

Unha maridaxe de música, viño e gastronomía, que traerá á nosa comarca algunhas das mellores propostas nacionais e internacionais da música negra ou de raíces. Grupos como  The Soul Water, Fatzilla ou Shirley Davies & The Silverbacks serán os encargados de amenizar unha xornada que contará coa máxica contorna de Castrelo como pano de fondo.

Con entrada gratuíta, a organización poñerá á venda tickets de 10€ para degustar os viños das diferentes adegas, entre as que estará presente de novo Viña Costeira. Tras un ano de paréntese, a nosa adega volve participar neste evento no que se poderán degustar o Viña Costeira Ribeiro, o Colección 68 Treixadura e o Modus Vivendi, mostrando unha vez máis a diversidade de produtos que se elaboran na cooperativa.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo