O certificado recoñece ás empresas con mellores condicións para a experiencia turística dos seus visitantes.

O galardón, obtido durante a pasada edición de FITUR, é o máis prestixioso certificado no que respecta a calidade turística de empresas.

A “Q” aporta aos establecementos turísticos que a ostentan: prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e promoción por parte da Secretaría de Estado de Turismo e as Comunidades Autónomas.

O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a Directora de Turismo do mesmo organismo, Nava Castro. Por parte da adega, a representación correu a cargo da vicepresidente Concha Pousa Iglesias e o responsable de produción José González.

Se estás interesado en visitar as nosas instalacións e desexas informarte de cómo facelo, entra no apartado de Enoturismo e descubre a Experiencia Costeira.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo