Viño Lua Jazz Brut de Viña Costeira

Caixa de 2 botellas: 22,90€ -
Caixa de 6 botellas: 63,90€

 

Inclúe o código de desconto SANVALENTINCOSTEIRA e goza dun desconto do 10% neste produto. Promoción válida ata o 14 de febreiro!

 

Amarelo pallizo limpo e brillante, cun rosario constante de finas burbullas, o viño espumoso Lua Jazz Brut ten un aroma complexo a froita madura, con notas de pastelería e lías finas. En boca este viño é equilibrado, saboroso, cunha burbulla explosiva e alegre, un postgusto longo e pracenteiro.

 

  • Solo: Franco-areoso sobre roca nai granítica con presenza de esquistos.
  • Uva: Treixadura.
  • Temperatura de servizo: 9ºC
Clear
SKU: N/A Category:

Descrición

Elaboración

Viño de elaboración clásica, polo método tradicional de segunda fermentación en botella con fermentos libres. A crianza en rima lévase a cabo durante dezaoito meses nas nosas covas subterráneas. Posteriormente, faise o removido e déixase afinar un mes máis de crianza en punta.

Maridaxe do viño Lua Jazz Brut de Viña Costeira

Este viño espumoso é versátil, podendo acompañarnos durante toda a comida, desde o aperitivo ata o brinde final.

Ficheiros adxuntos:

Descarga ficha técnica

Descarga imaxe viño Lua Jazz de Costeira

Additional information

Unidades

Caja 6ud, estuche-2ud-gl

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Entre el 22 y 28 de abril, con cada pedido online, un libro de regalo ¡Haz aquí tu pedido! Dismiss

logo
Preview
Close