Viño Mencía de Viña Costeira

Caixa de 6 botellas : 41.90€
Caixa de 3 botellas : 21.90€

 

ermello picota con reflexos púrpuras, con capa media-alta e lágrima abundante, este viño mencía de Viña Costeira preséntase en nariz elegante e complexo, con notas de bagas vermellas de bosque e arandos maduros con fondos especiados. En boca é untuoso, glicérico, ben estruturado, con sensacións minerais que evocan as paisaxes nobres de Valdeorras. O postgusto deste mencía é longo e profundo de froitas vermellas.

 

  • Solo: Ladeiras da ribeira do Sil e do río Bibei, con solos sedimentarios pedregosos e fluviais de cantos rodados e pizarras descompostas.
  • Uva: Mencía, Sousón e Garnachas Vellas.
  • Temperatura de servizo: 18ºC – 20ºC
Clear
SKU: N/A Category:

Descrición

Elaboración

Vendima manual en caixas, selección de acios en mesa, esmagado e despalillaxe a baixa velocidade. Fermentación dirixida a 27ºC e prensado cedo con presións moi suaves. Fermentación maloláctica controlada e afinado natural polos fríos nocturnos do inverno propio da zona de Valdeorras.

Maridaxe do viño Mencía de Viña Costeira

Viño tinto polivalente, axeitado para “chatear”, recomendado para acompañar polbo á feira, entremeses de queixos, patés ou chacinados e un viño perfecto para maridar con guisos e carnes vermellas á prancha ou á brasa.

Ficheiros adxuntos:

Descarga ficha técnica

Descarga imaxe viño Viña Costeira Mencía

Additional information

Unidades

Caja 6ud, Estuche 3ud

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo
Preview
Close