Viño Teixadal de Casaio

Caixa de 6 botellas: 65,70€

 

Amarelo verdoso intenso, con aromas a mazá, cirola amarela e albaricoque propios da variedade godello, este viño branco é agradable en boca, fresco e divertido, con propiedade. As súas notas cítricas fusionan fandos de xara e rosas brancas, cun retronasal intenso e longo. Teixadal de Casaio de Pazo de Toubes é expresión Godello, de principio a fin.

 

  • Solo: Areosos sedimentarios, cunha boa drenaxe pola súa ubicación en ladeiras fluviais.
  • Uva: Godello 100%.
  • Temperatura de servizo: 11ºC – 12ºC
Clear
SKU: N/A Categories: ,

Descrición

Elaboración

Este viño branco godello vendímase en caixas, manualmente, cunha selección de tódolos acios a man. Despalillaxe, lixeiro estruxado e prensado suave a baixas presións e en ciclos longos para unha semimaceración peculiar das peles. Desfangado estático de 48 horas, con fermentación dirixida a baixas temperaturas durante 14 días. Traxegos coidadosos e afinado natural polos fríos do inverno.

Maridaxe do viño Teixadal de Casaio de Pazo de Toubes

Perfecto para combinar con tapas variadas: afumados de peixe, canapés de foi, queixos de untar ou gambas á prancha. Anguilas e rodaballo ao horno, aves de corral ou calquer plato en base a arroz ou pasta encaixan perfectamente con este viño branco godello.

Ficheiros adxuntos:

Descarga ficha técnica

Descarga imaxe viño Teixadal de Casaio

Additional information

Unidades

Caja 6ud

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
logo
Preview
Close