Comezar o ano deste xeito é todo un pracer: nada mellor para motivarnos e inxectar novas doses de ilusión ao equipo de Viña Costeira como a gran noticia que veñen de darnos: Estamos nominados nos Premios Verema como mellor adega do ano 2017!

Comezar o ano deste xeito é todo un pracer: nada mellor para motivarnos e inxectar novas doses de ilusión ao equipo de Viña Costeira como a gran noticia que veñen de darnos: Estamos nominados nos Premios Verema como mellor adega do ano 2017!


Aínda que imaxinamos que xa os coñecedes, os Premios Verema celebran cada ano unha gala na que recoñecen e entregan o premio aos gañadores de diversas categorías, acompañándoa de catas e outras moitas experiencias enriquecedoras ao redor do viño.


Para esta edición, que se celebrará en Valencia o 15 de febreiro, o equipo de redacción de Verema seleccionounos tendo en conta os comentarios e notas de cata publicados en Verema.com durante 2017, engadido á nosa presenza e traxectoria histórica. Deste xeito, ademais de agradecer o recoñecemento aos organizadores, temos que darvos as grazas a todos vós, amantes dos nosos viños que tivestes o detalle de valorarnos. Bravo por vós!


Única adega de Galicia entre as mellores


Segundo a selección de Verema, estas son as adegas que nos acompañan na categoría de mellor Adega do ano 2017: 3 Pilares, Argenceres, Arzuaga, Attis Bodegas y Viñedos, Balmoral, Bodegas Bilbaínas, Castelo de Medina, Dominio de Cair, Murviedro, Resalte e Vintae. Para nós supón todo un orgullo o feito de ser os únicos representantes de Galicia nesta categoría. Parabéns e moita sorte a todos, compañeiros!


Ademais da xa mencionada, hai un total de 12 nominados en cada unha das 13 categorías e candidaturas dos Premios Verema nesta edición: Adega con mellor traxectoria, Mellor viño tinto español, Mellor viño blanco español, Mellor viño rosado español, Mellor viño espumoso, Mellor viño xeneroso, Mellor viño doce, Personaxe do mundo do viño, Mellor sumiller, Mellor CRDO do viño, Restaurante español con mellor tratamento do viño e Mellor destilado.


Reflexo de innovación e renovación


Na ficha descritiva da propia web, Verema destaca o reflexo de innovación e renovación de Viña Costeira dende 1968. Así, xunto a un repaso da nosa historia e evolución, resaltan a nosa proxección futura sen perder de vista a nosa esencia, orixes e identidade. Neste senso, xa na pasada edición recoñeceron os nosos esforzos con dúas nominacións: Mellor adega e Mellor espumoso.


Participa na votación e vive a Experiencia Verema Valencia


Para votar a nosa candidatura, soamente tendes que premer nesta ligazón antes do 4 de febreiro e seleccionar a nosa adega. Se participades na votación, optaredes ao sorteo dunha entrada para asistir á Experiencia Verema Valencia, con catas, spa e outras sorpresas. Imaxinades o extraordinario que sería saír gañadores e que nos acompañedes a gozar do momento.

Compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies